27 de fev de 2012

As mazás casamenteiras

Un vídeo moi chulo baseado nun texto De Sechu Sende na súa obra Made in Galiza, realizado polos compis do IES O Mosteirón. Bo traballo!

17 de fev de 2012

Namorándonos do galego

No IES As Barxas creamos este vídeo para que nos namoremos da nosa lingua. Un traballo interdepartamental de Plástica,  Música e Normalización Lingüística desde un texto de Víctor Freixanes. Escoitaredes as fermosas voces de Xiana Casás e Lucía Martínez, de 1º ESO A, esas si que namoran!
Pois iso, LINGUA GALEGA: ÁMOTE!