23 de out. de 2011

HOMENAXE AO POETA DO MAR: BERNARDINO GRAÑA


    A poesía este ano ten moito que dicir no IES As Barxas. Este ano, desde a Biblioteca do centro, decidiuse facer unha pequena homenaxe a un home que traballa tecendo palabras e recollendo versos, coma as redeiras e os mariñeiros de Moaña e Cangas, a quen tantas veces adicou os seus poemas. Trátase de Bernardino Graña (Cangas, 1932), Poeta do Mar; autor de obras coma Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980, Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela), Sima-Cima do voar tolo (1984), ou Himno verde (1992). 

    Pero tamén é autor teatral (Vinte mil pesos crime (1962), Sinfarín contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro nunca cabalos serán -1992, Premio Abrente de Ribadavia 1979) e escribe narrativa para nen@s (O león e o paxaro rebelde -1991, Premio de Contos para rapaces O Facho-, Fins do mundo (1974), Planeta dos ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991), Oso mimoso(1992), Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Premio Merlín 1993), Xan Guindán, mensaxeiro (1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Rata linda de Compostela (1994), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes (1995) ...

    Desde o grupo de Normalización Lingüística do IES As Barxas querémonos sumar á homenaxe dun home que segue a darnos leccións de humanidade e compromiso coa súa terra e coa lingua cada vez que lemos as súas letras.

Aí vai unha fermosa mostra da súa obra poética en boca do propio autor: