13 de dez. de 2011

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL DESDE AS BARXAS!

Aí vos vai unha recompilación de felicitacións de Nadal realizadas polo alumnado de 3º ESO do noso IES, para a aula de Plástica.
Que non sexa só no Nadal cando compartades o corazón.
Preme no enlace!: http://vimeo.com/33568449


11 de dez. de 2011

GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

Desde a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Morrazo, aí vos van unha chea de lecturas para ler ou agasallar no Nadal.
Felices Lecturas!

22 de nov. de 2011

A PoetizArte!! Homenaxe a Bernardino Graña

    Neste ano adicado á figura de Bernardino Graña no IES As Barxas, o Departamento de Plástica e o de Normalización Lingüística participan na creación deste vídeo de homenaxe ao benquerido autor cangués.
   Contamos para iso coa colaboración inestimábel de Gael Villar, alumno de 2º de Bacharelato, e de Luz Beloso, a nosa artista particular, profesora de Educación Plástica.
    Esta é a primeira de moitas iniciativas que xurdirán este ano, e que servirán para unir as Artes Plásticas coa Poesía Galega nun proxecto común que leva por nome "A PoetizArte!!!!!".
    Pois iso, que xa está dito: únete á arte!!!!


8 de nov. de 2011

NOVA FERRAMENTA PARA A LINGUA GALEGA

Chega unha fantástica ferramenta para solucionar dúbidas e axudarnos na creación dos nosos textos en lingua galega.
Se introduces o infinitivo de calquera verbo galego, este novo programa axudarache a conxugalo.
http://conxugador.cilenis.com/

Para máis información, consulta o seguinte enlace: http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=892&desc=novo_conxugador_verbal_en_lina%3A_cilenisconxugador

23 de out. de 2011

HOMENAXE AO POETA DO MAR: BERNARDINO GRAÑA


    A poesía este ano ten moito que dicir no IES As Barxas. Este ano, desde a Biblioteca do centro, decidiuse facer unha pequena homenaxe a un home que traballa tecendo palabras e recollendo versos, coma as redeiras e os mariñeiros de Moaña e Cangas, a quen tantas veces adicou os seus poemas. Trátase de Bernardino Graña (Cangas, 1932), Poeta do Mar; autor de obras coma Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980, Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela), Sima-Cima do voar tolo (1984), ou Himno verde (1992). 

    Pero tamén é autor teatral (Vinte mil pesos crime (1962), Sinfarín contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro nunca cabalos serán -1992, Premio Abrente de Ribadavia 1979) e escribe narrativa para nen@s (O león e o paxaro rebelde -1991, Premio de Contos para rapaces O Facho-, Fins do mundo (1974), Planeta dos ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991), Oso mimoso(1992), Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Premio Merlín 1993), Xan Guindán, mensaxeiro (1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Rata linda de Compostela (1994), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes (1995) ...

    Desde o grupo de Normalización Lingüística do IES As Barxas querémonos sumar á homenaxe dun home que segue a darnos leccións de humanidade e compromiso coa súa terra e coa lingua cada vez que lemos as súas letras.

Aí vai unha fermosa mostra da súa obra poética en boca do propio autor: